Neste repositorio tes os scripts de configuración dos equipos empregados no curso "Radioenlaces e redes metropolitanas sen fíos". Link aos apuntes do curso: https://danielrios.me/apuntes/2021radioenlaces/index.html
Mapa de rede:
A rede se consta de tres nodos que forman a rede de transporte ("backhaul" N1, N2, N3, de cor amarela). Dous deses nodos (N1, N2) teñen conectividade directa a Internet. O nodo N3 se pode configurar provisionalmente con acceso a Internet para traballar con comodidade.
Os radioenlaces da rede de transporte utilizan antenas Ubiquiti Litebeam (300-600 Mbps). Todos os equipamentos de radio funcionan como bridges transparentes. Cando se logre enlazar N3 con N1 e N2, se establecen portas de enlace a ambos nodos e se retira o cable. Para que N3 priorice un nodo sobre outro se deben axustar as distancias administrativas (failover). Alternativamente, é posible configurar balanceo de carga.
Rematada a rede de transporte, pasamos á rede de acceso ("last mile", de cor verde), que proporciona acceso aos locais dos clientes ou suscriptores da nosa rede. Os radioenlaces se fan con equipos MikroTik de gama baixa (<100 Mbps). Nos locais de cliente se conecta a antenas de última milla co porto WAN dun router neutro que se instalará no interior da casa do suscriptor.
Durante a realización das prácticas haberá ocasións nas que teñas problemas para acceder ós equipos. Para reducir esa fricción, o mellor é que prepares o teu PC con rutas estáticas ás subredes desta práctica. Supoñendo que a túa rede local (en cor vermella) ten a dirección de rede 192.168.0.0/24
, e que os nodos N1, N2, N3 van ter as IP .201
, .202
e 203
; as rutas estáticas serían:
- Windows (
cmd
como administrador). O modificador-p
fai que as rutas persistan despois de reiniciar o PC:
route ADD 10.0.0.0 MASK 255.255.0.0 192.168.0.201
route ADD 10.0.0.0 MASK 255.255.0.0 192.168.0.202 METRIC 5
route ADD 10.0.0.0 MASK 255.255.0.0 192.168.0.203 METRIC 10
route ADD 172.16.1.0 MASK 255.255.255.0 192.168.0.201
route ADD 172.16.2.0 MASK 255.255.255.0 192.168.0.202
route ADD 172.16.3.0 MASK 255.255.255.0 192.168.0.203
route print
- macOS:
sudo route -n add -net 10.0.0.0/16 192.168.0.201
sudo route -n add -net 10.0.0.0/16 192.168.0.202 metric 5
sudo route -n add -net 10.0.0.0/16 192.168.0.203 metric 10
sudo route -n add -net 172.16.1.0/24 192.168.0.201
sudo route -n add -net 172.16.2.0/24 192.168.0.202
sudo route -n add -net 172.16.3.0/24 192.168.0.203
netstat -nr
- Linux:
sudo ip route add 10.0.0.0/16 via 192.168.0.201
sudo ip route add 10.0.0.0/16 via 192.168.0.202 metric 5
sudo ip route add 10.0.0.0/16 via 192.168.0.203 metric 10
sudo ip route add 172.17.1.0/24 via 192.168.0.201
sudo ip route add 172.17.2.0/24 via 192.168.0.202
sudo ip route add 172.17.3.0/24 via 192.168.0.203
ss -natup
Lembra eliminar as rutas despois de rematar a práctica.